A Xunta sobe en 12 millóns de euros o contrato do transporte escolar para aumentar rutas
Publicado o 20/05/2021 15:11
Os pregos do novo contrato de transporte escolar para os vindeiros dous anos xa teñen o visto e prace da Xunta. Segundo explicou hoxe Alberto Núñez Feijóo, amplían en 12 millóns o orzamento para aumentar o número de rutas e paradas e mellorar as condicións de condutores e acompañantes. O obxectivo é que ningún traxecto supere os corenta minutos de duración.