A Xunta salienta o apoio da bióloga Odile Rodríguez de la Fuente a unha xestión do lobo "consensuada"
Publicado o 22/04/2021 20:49
A conselleira de Medio Ambiente reuniuse esta tarde en Ribeira coa reputada naturalista e divulgadora Odile Rodríguez de la Fuente de visita en Galicia co gallo do Día da Terra.
Ángeles Vázquez, que tratou diversos temas coa bióloga, salientou o seu apoio á demanda de Galicia dunha xestión do lobo consensuada. A Xunta pide que se paralice a proposta para elevar o nivel de protección desta especie ata que se aprobe unha nova estratexia nacional.