CRTVG

Buscar

A Xunta rexeita o protocolo de Fomento na estación intermodal de Lugo

Publicado o 20/02/2019 15:44

Novo atranco no proxecto da estación intermodal de Lugo. A Xunta rexeita o protocolo de Fomento ao entender que se trata dun documento xenérico que só fala de intencións pero sen fixar prazos nin garantías de investimento. Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo defende o convenio e di que non permitirá que se volva paralizar unha infraestrutura importante para a cidade.

Dende a Consellería de Infraestruturas din que había un borrador listo que recollía as obrigas que debía asumir cada administración, pero que o novo convenio supón un retroceso.

Dende a Xunta queren un acordo semellante ao acadado coas estacións intermodais de Ourense e Santiago, nos que se fixan responsabilidades e compromisos.

Noticias web

20/02/2019