A Xunta rexeita a postura do alcalde de Vigo, que pide a retirada da candidatura das Illas Atlánticas á Unesco
Publicado o 27/08/2019 18:12
A Xunta sae en defensa da candidatura das Illas Atlánticas á Unesco para que sexan declaradas Patrimonio da Humanidade. O Goberno galego rexeita a postura do alcalde de Vigo, quen enviou cartas a Xunta e ao Ministerio para pedir a retirada da candidatura.
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo: "As Cíes son, sen dúbida, o elemento referencial das Illas Atlánticas, pero non se pode facer unha candidatura á marxe. Só existe unha candidatura que é a das Cíes-Illas Atlánticas, e é positiva para Vigo, para o conxunto das Rías Baixas e para o conxunto de Galicia".