CRTVG

Buscar

A Xunta revisa a política forestal para impulsar a industria madeireira

Publicado o 30/09/2021 16:47

Na súa reunión semanal, o Goberno galego aprobou a primeira revisión do plan forestal, que prevé un investimento público privado de case 5.000 millóns de euros nos próximos vinte anos no monte galego.

A revisión do plan forestal recolle, destaca Feijóo, as recomendacións da comisión de política forestal do Parlamento, fixa unha proxección de como será o monte do futuro e prevé un investimento ata o 2040 de 4.900 millóns entre fondos públicos e privados. Cartos que se investirán en duplicar os pastos para o gando, aumentar a superficie de frondosas, reducir un 5 % a presenza de eucalipto e impulsar a industria madeireira.

O plan tamén prevé accións para a prevención de incendios, como unha nova lei na materia ou a creación dun centro integral contra o lume en Ourense.

Noticias web

30/09/2021