A Xunta reúnese con asociacións de veciños para tratar a ocupación ilegal
Son vivendas unifamiliares, pisos... e ata pazos coma este. O presidente da Federación de Veciños de Lugo di que "están aí ríndose de ti... gozando duns medios, enganches ilegais de auga, enganches ilegais de luz..., en fin, isto é o paraíso da ocupación".
E denuncian liortas e tensións cos veciños. Neste edificio de seis plantas, en pleno centro de Vigo, mesmo din que os ocupantes alugan vivendas ilegalmente a sen teito.
Jesús Vázquez explica que "queremos unha intervención rápida da policía, que desaloxe os ocupantes, que iso posibilítao a lei. E un endurecemento claro das penas, chegando á invasión do inmoble e, polo tanto, pena de prisión para os ocupantes condenados".
Un cambio na lei que a Xunta xa trasladou ao Ministerio de Vivenda. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez di que "os propietarios de vivendas precisan de seguridade xurídica. Se a ocupación dunha vivenda non é un delito, se están amparados, ao final isto vai medrando".
Aínda que este ano medrou e nestes momentos hai máis de cen denuncias activas, Galicia dista moito da media estatal en inmobles ocupados.