A Xunta reserva 40 millóns nos orzamentos de 2022 para o saneamento das rías
Publicado o 19/10/2021 20:18
A Xunta dedicará 40 millóns de euros dos orzamentos do ano que vén ao saneamento das rías galegas.
Avanzouno Alberto Núñez Feijóo na celebración do décimo aniversario do Centro Tecnolóxico da Auga de Galicia. Este organismo foi creado por Viaqua, a Universidade de Santiago e o CSIC para buscar solucións innovadoras que garantan unha xestión eficiente da auga e a súa calidade.