CRTVG

Buscar

A Xunta renova o convenio de colaboración coa Federación de Bandas de Música Populares

Publicado o 04/05/2021 14:39
A Xunta renova o convenio de colaboración coa Federación de Bandas de Música Populares

A Xunta renovou esta mañá o convenio de colaboración coa Federación de Bandas de Música Populares. Nun acto marcado polas restricións, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, subliñou que eran parte do noso patrimonio cultural, emocional e económico.

Tanto o conselleiro coma o presidente da Federación mostráronse confiados en poder superar este ano de pandemia para que as bandas populares poidan regresar ás rúas e prazas de toda Galicia.