CRTVG

Buscar

A Xunta renova o acordo con 59 entidades para a a conservación e mellora dos ríos galegos

Publicado o 08/05/2021 13:21

Conservar e mellorar os ríos galegos é o obxectivo do convenio de colaboración renovado hoxe pola Xunta de Galicia e 59 entidades de pesca. Será por catro anos.

Entre as medidas que inclúe o acordo está o servizo de vixilancia, o mantemento de infraestruturas, a sinalización dos tramos acoutados ou os labores de limpeza.

Outra actuación que asúmen as entidades é a distribución de máis dun terzo dos permisos de pesca ofertados en Galicia.