A Xunta reforzará o Servizo de Axuda no Fogar para chegar a 2.100 maiores máis
Publicado o 05/12/2019 14:51
O Servizo de Axuda no Fogar, que xestionan os concellos pero financia tamén a Xunta, pón a disposición de 24.000 dependentes galegos persoas que os axudan en actividades básicas da vida cotiá que teñen dificultade para facer por si sós, como levantarse ou deitarse, asearse, comer ou medicarse. Alberto Núñez Feijóo anuncia que van reforzar este servizo.
"Adoptamos a decisión de inxectar 4,8 millóns para un plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, para chegar a 2.100 persoas máis. Con isto imos crear máis de 600 postos de traballo". afirma o presidente da Xunta.
A Xunta está elaborando un censo de persoas maiores que viven soas e un plan para atendelas, que prevén presentar o ano que vén.