CRTVG

Buscar

A Xunta reforza as axudas para a economía social

Publicado o 20/02/2020 14:50

A economía social é á que se dedican as cooperativas de calquera tipo, confrarías de pescadores, comunidades de montes, centros especiais de emprego ou fundacións. En Galicia este sector dá traballo a case 25.000 persoas, e, dado o seu peso, di o presidente, a Xunta reforza as axudas para el.

"Destinamos no 2020 27 millóns de euros para incentivar a economía social, un 17% máis que en 2019. Estimamos que este orzamento posibilite a inserción laboral ou o mantemento do emprego de 3.500 persoas", explicou Núñez Feijóo.

Eses 27 millóns dedicaranse, entre outros fins, a axudas de ata 16.500 euros por incorporar novos cooperativistas, para formar 500 persoas que reciben a Risga ou para apoios a empresas de inserción que faciliten o emprego de persoas con problemas para acceder ao mercado laboral.

Noticias web

20/02/2020