A Xunta reforma a estrada das Somozas para garantir o traslado das pas de Siemens Gamesa
Publicado o 08/02/2021 14:18
A Xunta vai reformar a estrada que pasa polas Somozas para garantir o traballo de Siemens con pas eólicas de grandes dimensións.
A empresa argumenta que non pode transportar as pas máis grandes coa estrada actual. E por iso a Xunta move ficha con esta obra que estará rematada este ano. Presentárona a conselleira de Infraestruturas e o alcalde das Somozas. Din que é un paso decidido para demostralle á empresa que hai alternativas ao peche da planta. E agardan que o Goberno central tamén actúe.