A Xunta reduce o rexistro de viaxeiros a seis comunidades e Melilla
Publicado o 15/12/2020 14:20

Dende hai meses, todos aqueles viaxeiros que chegan a Galicia procedentes dunha zona de alto risco por covid teñen que rexistrarse no Sergas. Pois hoxe hai cambios nesas rexións.
A partir de hoxe teñen que inscribirse no rexistro de viaxeiros da Xunta todos aqueles que cheguen dende Asturias, Cantabria, Aragón, País Vasco, A Rioxa e Castela e León, ademais da cidade autónoma de Melilla.