A Xunta recorrerá a Lei do cambio climático
Publicado o 09/04/2021 14:42
A aprobación da Lei do cambio climático no Congreso non é definitiva. Aínda ten que ir ao Senado, pero a conselleira do Mar xa anunciou que, se se mantén o artigo 18, que prexudica as empresas galegas situadas na costa, a Xunta recorrerá ao Tribunal Constitucional. O Goberno galego quere defender a seguridade xurídica das empresas que invisten aquí.