CRTVG

Buscar

A Xunta recorrerá a lei de cambio climático no Constitucional

Publicado o 07/04/2021 17:01

Mañá vótase no Congreso a lei de cambio climático, que afecta á concesión de empresas que están situadas na costa galega.

Para a conselleira do Mar esta norma non é válida porque, considera, prexudica o sector en Galicia. A Xunta recorrerá diante do Constitucional aqueles artigos que considera lesivos para o sector galego.

"Entendemos que aplicar un efecto retroactivo, quitarlle seguridade xurídica a unhas industrias que hoxe están establecidas na costa, non ten ningunha razón de ser. Entendemos que se se quere facer unha modificación da Lei de Costas, debe de facerse na Lei de costas e non utilizar unha lei de cambio climático que nada ten que ver coa seguridade xurídica que lle pretendemos dar ás industrias que están hoxe en día traballando perfectamente na nosa costa", di a conselleira do Mar.

Noticias web

07/04/2021