A Xunta reclama "prezos xustos" para o leite e unha baixada do custo da enerxía para abaratar a produción
Publicado o 26/07/2021 16:02
O presidente da Xunta pediu hoxe prezos enerxéticos máis baratos para a industria durante a visita á factoría de Clesa en Caldas. A fábrica, propiedade da unión de cooperativas lácteas CLUN, experimentou un incremento de vendas nos últimos anos.
Feijóo fixo un chamamento este luns ao esforzo de todos nas cadeas de valor do leite para que este produto teña "uns prezos xustos". Ademais, ante a subida dos custos de produción, demandou unha regulación e unha baixada do prezo da enerxía.
Dende as instalacións de Clesa, en Caldas de Reis, garantiu o compromiso do seu Goberno co sector agroalimentario a través da nova lei galega de recuperación de terras agrarias e coa estratexia do sector lácteo.