A Xunta reclama ao Goberno central medidas para facilitar a compra de vehículos máis eficientes
Publicado o 29/06/2020 15:24
A Xunta pídelle ao Goberno central que concrete e axilice as medidas para facilitar a compra de vehículos máis eficientes.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria fixo este chamamento tras participar na constitución da mesa da automoción para desenvolver o plan de impulso ao sector anunciado dende a Moncloa.
Francisco Conde lembrou que Galicia ten un compromiso coa dixitalización e a mobilidade sustentable a través do coche eléctrico e do coche impulsado por hidróxeno verde, pero demandou unha estratexia común para identificar proxectos de futuro.