CRTVG

Buscar

A Xunta recibe mil solicitudes para recuperar 21.000 hectáreas abandonadas

Publicado o 22/07/2021 16:29

A Xunta xa recibiu 1.000 solicitudes de terra abandonada no proceso que abriu para sondar os gandeiros, agricultores e silvicultores para saber da súa demanda para proxectos que se poidan financiar con fondos Next Generation.

Un dos proxectos que Galicia presenta para captar fondos europeos Next Generation é para poñer terras abandonas a producir. A Xunta sospeitaba que había demanda, pero tras escoitar labregos e gandeiros constata a necesidade dos produtores de aumentar a súa actividade.

A maioría das solicitudes é para gandeiría. E á marxe desta consulta as denominacións de orixe de viño xa teñen solicitadas dez mil hectáreas para seguir prantando vides.

 

Noticias web

22/07/2021