CRTVG

Buscar

A Xunta reactiva o programa de viaxes Elixe Galicia para promover o turismo na comunidade

Publicado o 29/04/2021 15:13

Nas axencias de viaxes xa é posible solicitar algún dos plans do programa Elixe Galicia.

Verónica Armesto, trabalaldora dunha delas di que "consiste en circuítos en autocar, dende as principais cidades galegas a 4 tipos de destinos, un de relax outro de natureza, outro de zonas costeiras e outro de historia e cultura"

Unha nova edición deste programa de viaxes impulsado pola Xunta, e destinado a tres colectivos: mozos por baixo dos 30 anos, familias con fillos menores de idade e maiores de 55.

"Isto permite descubrir lugares de Galicia que ás veces non coñecemos, explica Emilio de la Iglesia, xerente de Turismo de Galicia, polo que nos permite levar o turismo a outras zonas que merecen ser coñecidas."

Viaxes que poden realizarse ata novembro, agás no período de verán. O Goberno galego financia ata o 40% do custo das 10.000 prazas ofertadas. Unha iniciativa que aposta pola desestacionalización e que promove o turismo de proximidade.