A Xunta quere propostas concretas para aclarar o futuro de Alcoa
Publicado o 09/07/2021 16:18
A Xunta pide ao Goberno central propostas concretas para Alcoa e un marco enerxético competitivo. O conselleiro de Industria dixo antes da reunión que vai manter esta tarde con Reyes Maroto e cos sindicatos que a situación é límite e que a decisión da Sepi de non participar no proceso non axuda.