CRTVG

Buscar

A Xunta publicará as posibles preguntas para converter o persoal laboral en funcionario

Publicado o 13/03/2019 19:58

Nas negociacións que están levando a cabo, a Xunta proponlles aos sindicatos publicar todas as posibles preguntas que se empregarán nas probas para converter o persoal laboral fixo en funcionario, un proceso voluntario e dirixido unicamente aos traballadores.

Negociarán tamén o número de preguntas e a composición dos temarios para o proceso de selección, que será un concurso-oposición e contará cun cuestionario tipo test de entre 50 e 120 preguntas. A proposta pretende axilizar este proceso.

Se se acepta, sería a primeira vez que se empregaría este sistema na Administración galega.

Noticias web

13/03/2019