A Xunta publica unhas recomendacións para a apertura do pequeno comercio
Publicado o 04/05/2020 14:41
Para garantir a seguridade neste día de reapertura do comercio, a Xunta publicou unha guía con recomendacións.
Todos os comercios funcionarán con cita previa e deberase controlar a afluencia. En caixas e mostradores terán que contar con pantallas de separación. Ademais, deberanse poñer sinais para garantir as distancias de seguridade. Recoméndase usar máscara dentro do local, así como ventilar e limpar frecuentemente. No caso de contar con probadores, recoméndase reforzar a limpeza e desinfección.
Consulta aquí as guías que está distribuíndo a Xunta 1 | 2 | 3