CRTVG

Buscar

A Xunta proxecta ampliar cinco polígonos industriais

Publicado o 07/12/2020 14:36

O presidente da Xunta visitou este mediodía o parque empresarial de Morás, na vila coruñesa de Arteixo. Ten máis de millón e medio de metros cadrados de superficie, dos que xa están adxudicados o 65%. As obras, por valor de 105 millóns de euros, están neste momento na segunda fase das catro previstas.

Alberto Núñez Feijóo anunciou alí que a Xunta proxecta ampliar tamén os polígonos das Gándaras en Lugo, a Plisán de Vigo, os de Xinzo de Limia e San Cibrao das Viñas en Ourense, así como o polígono de Lalín.

Reclamou tamén a construción urxente da liña do ferrrocarril do porto exterior de Punta Langosteira para facelo operativo e que os mil millóns de euros investidos no porto exterior da Coruña non sexan diñeiro guindado ao mar, dixo.

Noticias web

07/12/2020