O Consello da Xunta propón San Xoán e San Xosé como festivos para o 2020
Publicado o 09/05/2019 15:50

A Xunta tamén aprobou a proposta de festivos para o 2020. O 1 de novembro e o 6 de decembro do ano que vén caen en domingo, así que o Goberno galego suxire cambialos polos días de San Xosé e San Xoán. O documento ten que ser ratificado agora polo Consello de Relacións Laborais.