CRTVG

Buscar

A Xunta propón reformar a Lei de Saúde Pública para poder xestionar a pandemia

Publicado o 08/10/2020 14:58

O estado de alarma é unha medida excepcional que non resulta adecuada para o control dunha epidemia, di o presidente da Xunta de Galicia, que sinala que o instrumento necesario é a lexislación sanitaria. Por iso Alberto Núñez Feijóo vai enviarlle ao Goberno central unha proposta de reforma da Lei Orgánica de Saúde Pública, que ten máis de tres décadas.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta: "É unha proposta constructiva e leal, feita por expertos, para que os presidentes autonómicos poidamos actuar con seguridade, sen producir situacións como a que está vivindo a Comunidade de Madrid".

A proposta inclúe un catálogo de medidas limitativas dos dereitos e liberdades que poden adoptar as autoridades para o control de enfermidades.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta: "Temos que ter a seguridade de que podemos controlar a persoas enfermas, a persoas de contacto, e medidas de prevención da enfermidade, mesmo controlar que esta vacina é obrigatoria".

As medidas, di o titular do Goberno galego, teñen que ser adecuadas e ponderadas para cumprir coa súa función sen invadir os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.

Noticias web

08/10/2020