CRTVG

Buscar

A Xunta propón que se abra o exterior do pazo de Meirás mentres non se poida visitar dentro

Publicado o 16/12/2020 16:07

A noticia coñeciámola nas últimas horas. O mal estado do pazo de Meirás impide que se poida abrir ao público polo de agora.

O secretario de Estado de Memoria Democrática asegura que os problemas da construción fan imposible as visitas. E, ante este escollo, a Xunta propón que, polo menos, se poida visitar o exterior do pazo.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, concreta esa proposta: "Que o 25 de xaneiro, polo menos, se poida acceder ao espazo exterior. Entendemos que o pazo ten que ser un espazo vivo, aberto á cidadanía e gañado para os cidadáns e nese sentido é necesario axilizar o máximo posible a apertura".

Noticias web

16/12/2020