CRTVG

Buscar

A Xunta propón iniciar a vacinación dos mariñeiros polos de altura e grande altura

Publicado o 21/04/2021 15:58

Quedan detalles por definir, pero a entrada dos mariñeiros nos grupos prioritarios suporía a vacinación dunhas tres mil persoas, entre grande altura, altura e mercantes, que pasan embarcados moitas xornadas. Esta era unha demanda dende hai tempo dende a Xunta e o sector pesqueiro ao Goberno central, que agora accede a incluílos nos grupos preferenciais.

E o que non sabemos aínda é que vacina se lles vai administrar, aínda que para o Goberno galego sería lóxico utilizar a de Janssen, por ser monodose e axilizar así o proceso.

O encargado de facer as vacinación sería o Instituto Social da Mariña, que xa está traballando na planificación e a estratexia.

Noticias web

21/04/2021