CRTVG

Buscar

A Xunta propón converter nun parador-museo o cuartel de San Fernando de Lugo

Publicado o 11/12/2019 14:19

Converter o antigo cuartel de San Fernando en Lugo nun parador museo é a proposta da Xunta para darlle un uso cultural a este emblemático edificio do centro histórico. Nel exporíanse unha parte dos restos arqueolóxicos romanos achados na cidade.

Esta sala expositiva estaría conectada a sede central do museo da romanización que se instalaría no actual Museo interactivo da historia de Lugo, o que permitiría relanzar tamén esta infraestrutura cultural.

Un estudo cifra o impacto económico deste proxecto no primeiro ano en máis dun millon e medio de euros. O parador museo sería un referente para o turismo internacional duplicando o numero deste tipo de viaxeiros na cidade.

Así o explicaba o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez: "Abrir un escenario novo tanto a nivel de equipamentos culturais coma de infraestructuras turísticas para o conxunto da cidade especialmente no seu centro histórico".

A Xunta financiaría a metade do proxecto que roza os 10,8 millóns de euros e propón a colaboración do resto das administracións, coas que se reunirá nos vindeiros días, para afrontar a outra metade.

Noticias web

11/12/2019