CRTVG

Buscar

A Xunta propón a alcaldes e sindicatos de Ferrolterra converter a comarca nun polo enerxético

Publicado o 03/05/2021 19:26
A Xunta propón a alcaldes e sindicatos de Ferrolterra converter a comarca nun polo enerxético


O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía inicia contactos para avanzar nun pacto de Estado por Ferrol que inclúa todas as administracións e axentes. Hoxe mantivo encontros cos alcaldes de Ferrolterra, Eume e Ortegal e con representantes sindicais desas comarcas.

Francisco Conde apelou á unidade de acción para aproveitar os fondos europeos e converter esas comarcas nun polo enerxético coa produción de biocombustibles, gas natural licuado como fonte enerxética, e o desenvolvemento de hidróxeno verde e enerxías renovables.