CRTVG

Buscar

A Xunta promove axudas para contratar 600 persoas no rural

Publicado o 04/01/2019 15:03

Os concellos galegos do rural poden solicitar desde hoxe axudas para contratar 600 persoas. É unha iniciativa recollida no programa APROL RURAL, dotado con 7 millóns de euros. O obxectivo é promover a contratación de desempregados para a realización de tarefas relacionadas coa prevención de incendios. As mulleres e os menores de 30 anos terán preferencia no acceso a eses postos de traballo, e na concesión de axudas terán prioridade os concellos fusionados e que sexan emprendedores. Neste 2019 a Xunta investirá máis de 22 millóns de euros no apoio e creación de máis de 2.000 postos de traballo no ámbito local.

Noticias web

04/01/2019