CRTVG

Buscar

A Xunta prevé rematar a ampliación do hospital de Ferrol no 2023

Publicado o 21/05/2021 22:52

O Goberno galego espera rematar as obras de ampliación do complexo hospitalario de Ferrol a finais do ano 2023. O presidente da Xunta achegouse este venres ata alí para agradecer que os traballos non interferisen o servizo hospitalario. Do mesmo xeito, pediulles un esforzo para apurar o remate. 

Despois de Ferrol, Feijóo estivo nas Pontes, onde a Xunta está rematando a mellora térmica do centro de saúde que dá servizo a 10.000 persoas. Cambiaron a cuberta, o illamento e a carpintería, e puxeron luces led e bombas de calor. A obra custou 800 mil euros que prevén recuperar coa redución do consumo de enerxía.

Noticias web

21/05/2021