CRTVG

Buscar

A Xunta prevé mobilizar 4.000 millóns ata o 2027 en estratexia dixital

Publicado o 03/12/2020 16:39

estratexia dixital de Galicia para 2030 foi un dos principais puntos a tratar no Consello da Xunta de hoxe. O obxectivo do Goberno galego é converter a nosa rexión en referente neste campo.

Prevense investimentos totais, entre fondos públicos e privados, de 4.000 millóns de euros entre 2021 e 2027. O obxectivo é que no ano 2025 a totalidade de Galicia dispoña de banda larga para navegar por Internet.

A estratexia aspira a preparar o país para Galicia, o mundo do futuro que xa está aquí, onde todo pasa polas novas tecnoloxías, dende calquera trámite coa administración ata a atención sanitaria, pasando pola modernización de todas as industrias ou un turismo intelixente.

Para iso é necesario que todos saibamos manexar esas ferramentas, de aí que un dos obxectivos do plan sexa que no 2025 o 70 % dos galegos teñan competencias dixitais básicas.

Tamén é imprescindible a cobertura de Internet e outro dos retos é garantir unha rede de alta velocidade en todo o territorio.

Noticias web

03/12/2020