CRTVG

Buscar

A Xunta prevé autorizar batidas excepcionais de xabarís para evitar danos

Publicado o 24/04/2020 20:23

A Xunta quere autorizar batidas de xabarís para frear o avance descontrolado destes animais. A proposta, que se debaterá mañá, consiste en realizar batidas excepcionais en zonas onde o movemento destes animais provoca danos nos cultivos e tamén en zonas onde se rexistran accidentes de tráfico provocados por estes animais. Sinistros como o que acontecía hai uns días en Rodeiro e onde faleceu un home de 30 anos. As batidas levaríanse a cabo baixo estritas medidas de seguridade.

Noticias web

24/04/2020