CRTVG

Buscar

A Xunta presentará alegacións ao proxecto de Fomento sobre o corredor ferroviario atlántico

Publicado o 22/02/2019 15:39

A conselleira de Infraestruturas pide o plan íntegro do Ministerio de Fomento para o corredor atlántico ferroviario. Estudan presentar alegacións tralo avance feito o mércores polo ministro José Luís Ábalos. Engaden que esas dúbidas están principalmente na ausencia, din dende a Xunta, neste avance do plan director, de actuacións que consideran imprescindibles como a saída sur de Vigo para conectar con Portugal.

Dende Fomento din que a conexión con Portugal si está prevista no plan. Para a semana que vén, o presidente da Xunta, o de Asturias e o de Castela e León acudirán a Madrid para presentar publicamente as súas demandas ao proxecto do corredor atlántico ferroviario.

Noticias web

22/02/2019