CRTVG

Buscar

A Xunta recorre contra a sentenza de Meirás por ver acreditada a "mala fe" dos Franco

Publicado o 14/03/2021 15:07

Novo movemento da batalla xudicial polo pazo de Meirás. A Xunta presentou un recurso de casación á sentenza que obriga a indemnizar a familia Franco.

O executivo autonómico considera acreditado que a posesión por parte dos descendentes do ditador foi de mala fe.

Os letrados da Administración autonómica sinalan que a resolución xudicial é contraditoria ao cualificar de boa fe a posesión e, ao mesmo tempo, consideran probado que a familia Franco era coñecedora da situación en que se adquiriu o ben.

 

Noticias web

14/03/2021