A Xunta prepara un novo plan para a hostalería dotado de 50 millóns
Publicado o 21/01/2021 16:04
Ante as novas restricións que outra vez afectan especialmente a bares e restaurantes, a Xunta prepara un segundo plan de rescate para autónomos, microempresas e hostalería. Desta volta, o Goberno galego quere sumar a concellos e deputacións no acordo co sector para deseñar as axudas.
"Dende a Xunta imos buscar un acordo de todas as administracións, e imos seguir traballando co sector, que mañá está chamado a unha nova reunión. Imos facer unha nova convocatoria de como mínimo 50 millóns de euros", avanzou Alberto Núñez Feijóo.
O Consello da Xunta aprobou hoxe apoios para as salas de concertos, que publicará o DOG nos vindeiros días. Prevén darlles 20.000 euros a polo menos 40 salas galegas.