CRTVG

Buscar

A Xunta prepara incentivos para que as empresas contraten mulleres vítimas de violencia de xénero

Publicado o 09/02/2021 15:14

A Xunta negocia con sindicatos e empresarios novas axudas para as vítimas de violencia de xénero. Esta mañá a conselleira de Traballo e Igualdade mantivo unha reunión telemática cos axentes sociais. Propúxolles poñer en marcha un novo programa de formación e tamén incentivos económicos para que empresas e entidades sen ánimo de lucro contraten mulleres vítimas de malos tratos.

María Jesús Lorenzana explicou que estas axudas favorecerán os contratos indefinidos e a transformación de xornadas parciais a completas. 

 

 

Noticias web

09/02/2021