CRTVG

Buscar

Bota a andar o plan de prevención de incendios 2021, con 30 millóns de orzamento

Publicado o 22/04/2021 14:24
Bota a andar o plan de prevención de incendios 2021, con 30 millóns de orzamento

O presidente da Xunta anunciou a posta en marcha do plan de prevención de incendios de Galicia para este ano 2021, por un importe de 30 millóns de euros. Segundo Alberto Núñez Feijóo, permitirá operar sobre un 22 % máis de hectáreas que o ano anterior.

Na conferncia de prensa posterior ao Consello da Xunta, explicou que con este programa previo ao plan de defensa contra incendios, o Pladiga, actuarase sobre 58.000 hectáreas e 5.000 quilómetros de pistas, en colaboración cos concellos.

Adiccións en menores

Ademais, anunciou o inicio do proceso de información pública para un proxecto de lei sobre prevención de adiccións en menores. O obxectivo é recibir a achega de todos os colectivos implicados para solucionar a "dispersión normativa" nesta materia e actualizar os criterios e obxectivos das medidas previstas para atallar o problema.