A Xunta pon en marcha o Plan de financiamento empresarial con 103 millóns de euros
Publicado o 30/01/2020 15:02
Tamén hoxe a Xunta anunciou a posta en marcha do Plan de financiamento empresarial para este 2020, que contará cun orzamento de 103 millóns de euros.
Nos últimos cinco anos, 12.500 empresas beneficiáronse destas axudas, que mobilizaron case 1.400 millóns. Emprendedores, microempresas e pemes son os principais destinatarios destas axudas.