CRTVG

Buscar

A Xunta podería expropiar as leiras sen limpar dentro do Plan de incendios

Publicado o 08/05/2018 11:04

O DOG publica hoxe novidades que atinxen aos propietarios de leiras de monte que non se ocupen das tarefas de limpeza.

A Xunta podería expropiar as parcelas próximas ás casas se os donos non cumpren coa súa obrigada limpeza. Nese caso é a Xunta a que ten que encargarse, pero no caso de que os traballos superen o valor do terreo, poderá acollerse a esta nova medida. Unha norma que se suma ao Plan de incendios deste ano. As multas por non cumprir con esta obriga ascenden a uns 3.000 euros. O obxectivo da Administración é seguir concienciando da importancia de que todos colaboremos na loita contra o lume.

Os propietarios deben limpar as leiras, pero no caso de non facelo, é a Administración autonómica a que debe acometer esas tarefas. Pero se os traballos superan o valor do terreo afectado, a Xunta podería expropiar eses terreos. Unha nova medida que publica o DOG e que se inclúe dentro do Plan de incendios para aumentar a seguridade nos núcleos de poboación. 

De nada serve o labor desempeñado polos brigadistas se os donos das parcelas non cumpren coas súas obrigas en relación á limpeza dos montes.

As sancións por incumprimentos destas tarefas poden acadar os 3.000 euros se a propiedade está cerca de zonas habitadas. A distancia mínima de separación cambiou de 30 metros aos 50 actuais. O que se busca é minimizar o risco de incendios e no caso de que haxa, reducir as consecuencias. 

O obxectivo non é outro que o de concienciar que na loita contra lume os axentes implicados deben ir xuntos da man para lograr máis efectividade.

Noticias web

08/05/2018