A Xunta pídelle ao Goberno que garanta o futuro de Barreras cos fondos de solvencia
Publicado o 04/08/2021 14:53
A Xunta pídelle ao Goberno que garanta o futuro de Barreras cos fondos de solvencia, como están facendo outros países europeos coas súas empresas estratéxicas. Consideran insuficiente a partida de 23 millóns aprobada onte no Consello de Ministros para que o estaleiro salde débedas coa industria auxiliar.