CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno que avalíe o ere de Gamesa por se hai motivos para anulalo

Publicado o 25/01/2021 22:05

A Xunta solicítalle ao Goberno que avalíe o ere presentado por Gamesa por se hai motivos para anulalo.  A petición chega tras as a reunión do vicepresidente segundo co comité de empresa da factoría das Somozas. Francisco Conde díxolles aos traballadores que é ilóxico que Gamesa peche a fábrica e, ao mesmo tempo, aspire a recibir fondos europeos para a transición enerxética.
"Nun contexto en que hai unha transición enerxética que vai permitir incrementar o negocio dos parques eólicos e, polo tanto, a produción de pas, parece unha contradición a posición da propia empresa e imos pedirlle ao Ministerio de Traballo que actúe con contundencia desde o punto de vista da autoridade laboral. A autoridade laboral ten a oportunidade de que se poida denegar ese expediente de regulación de emprego", di Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía.

Noticias web

25/01/2021