A Xunta pídelle ao Goberno presenza nas negociacións das cotas pesqueiras en augas británicas
Publicado o 29/12/2020 19:19

Seguimos en Europa para falar de pesca. A Xunta solicita ao Goberno ter presenza direta nas negociacións sobre o reparto das cotas pesqueiras en augas británicas. A petición tivo lugar durante a xuntanza telemática do pleno para os Asuntos Relacionados coa Unión Europea.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que o sector pesqueiro fose o máis afectado en Galicia tras as negociacións do brexit. E insistiu na necesidade de crear un marco de traballo que defenda os intereses das 1.700 persoas que faenan en barcos galegos nestas augas británicas.