CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle a Traballo que amplíe o período de consultas do ERE de Siemens Gamesa nas Somozas

Publicado o 17/02/2021 20:48

A Xunta insta o Ministerio de Traballo a que amplíe o período de consultas do ERE de Siemens Gamesa nas Somozas que remata mañá. Tamén lle solicita que convoque a mesa industrial para buscar alternativas ao peche da factoria. Foi na que reunión convocada pola Xunta e na que tamén estivo o Goberno central e máis os traballadores. A empresa rexeitou participar. Unha ausencia que para o vicepresidente segundo amosa que Siemens está actuando "de mala fe".

"O que esperarmos nestes momentos é que a autoridade laboral do Ministerio de Traballo poida reaccionar e, polo tanto, poida constatar que hai motivación para poder ampliar o período de negociación do ERE e que poidamos ter unha oportunidade a través da convocatoria do Ministerio de Industrial da mesa industrial para poder atopar esas solucións", di Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía.

 

Noticias web

17/02/2021