CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle a Renfe que repoña as frecuencias que había en Galicia antes da pandemia

Publicado o 11/05/2021 18:34
A Xunta pídelle a Renfe que repoña as frecuencias que había en Galicia antes da pandemia

A conselleira de Infraestruturas pediu hoxe por carta ao presidente de Renfe que repoña as frecuencias de antes da pandemia. Ethel Vázquez lamentou que a fin do estado de alarma no veña acompañada dunha progresiva e obrigada reactivación dos servicios suprimidos.

Na misiva a conselleira lembra ao máximo responsable da operadora que xa antes da crise da covid as frecuencias eran insuficientes e traslada a preocupación do Goberno galego pola falta de novas sobre as previsións de reposición deste servizo.



 

Noticias web

11/05/2021