A Xunta pide que se lles dea garantías aos traballadores de Alcoa
Publicado o 12/05/2021 16:58
O vicepresidente económico e conselleiro de Industria confía en que se traslade por fin unha garantía concreta aos traballadores de que realmente o Goberno central vai liderar o proceso de venda da planta de aluminio de San Cibrao.
"Os traballadores necesitan certezas e unha solución inmediata. Non hai tempo para dar pasos atrás. Ao contrario hai que concretar eses pasos e pechar definitivamente o proceso", di Francisco Conde.