A Xunta pide que o Goberno teña en conta o naval nos fondos de recuperación
Publicado o 10/12/2020 17:41
O conselleiro de Economía confía en que o Goberno siga colaborando no desenvolvemento do sector naval incluíndoo dentro dos fondos europeos para a recuperación tras a covid. Di que se trata dun compromiso con Galicia, con Navantia e con Ferrol, vinculado ademais coa industria auxiliar. O conselleiro anunciou que asistirá mañá a un encontro co comité de Navantia.
"Ese compromiso que ten asumido o Goberno, necesitamos que se reflicta e se converta nunha realidade para garantir esa carga de traballo. Nese sentido mañá teremos a oportunidade de manter un encontro co comité de Navantia, precisamente para avaliar estas necesidades do sector, polo tanto de forma concreta con Navantia para ese investimento", asegurou.