CRTVG

Buscar

A Xunta pide modificar o protocolo de Sanidade e dubida que sexa vinculante

Publicado o 03/06/2021 14:11

O presidente da Xunta asegurou que o Goberno galego vai presentar modificacións ao protocolo do Ministerio de Sanidade aprobado este mércores sobre as medidas contra a covid-19. Segundo dixo, o goberno galego cuestiona que sexa "vinculante", xa que nin sequera está publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE).

En declaracións aos medios, tras participar na inauguración do I Congreso Mundial Xacobeo, explicou que a asesoría xurídica está a estudar o documento para determinar se é de obrigado cumprimento e, de seren así, "vai presentar modificacións".

"Neste momento está a ver se realmente ten forza vinculante ou non. É evidente que Galicia sempre acata as resolucións de obrigado cumprimento, pero non podemos aceptar nin compartir nin na forma nin no fondo o documento", dixo Alberto Núñez Feijóo.

Mentres tanto, engadiu, a Xunta pensa manter a súa "folla de ruta" no proceso de desescalada polo que o vindeiro martes vai estudar o alivio dalgunhas restricións.

Noticias web

03/06/2021