CRTVG

Buscar

A Xunta pide informes para evitar que os Franco saquen os bens protexidos de Meiras

Publicado o 01/05/2021 19:42

O xuíz concedeulle á familia Franco un mes para retirar as súas propiedades do Pazo de Meirás . Outra cousa é cales son os mobles e bens que poderán sacar de alí.
 

"A Xunta de Galicia temos competecia directa sobre dous ben que están dentro do recinto das Torres de Meirás por unha parte as estatuas do Mestre Mateo e por outra a Bilbíoteca de Emilia Pardo Bazán que está incoado o expedientes a todos os efectos e un Bic", di Román Rodríguez, Conselleiro de Educación.

Uns Bens de Interese Cultual que os herdeiros do dictador tamén queren levar do Pazo.
Para evitalo, o goberno galego traballa nun informe xurídico e técnico.
 "Neste caso da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega , da Academia das Belas

Artes e catedráticos de prestixio para ter solvencia técinca e xurídica" ."Temos tres meses para responder a petición da familia Franco " "o que estamos a facer é preservar ou intentar preservar para o patrimonio cultural de Galicia estos bens", asegura Román Rodríguez.

A defensa da propiedade e protección de todos os demais obxectos que hai no Pazo, di o conselleiro que lle compete ao Estado.