CRTVG

Buscar

A Xunta pide apoio a Interior para crear no Xacobeo unha comisaría no Monte do Gozo

Publicado o 30/11/2020 13:46

Coa vista posta no Xacobeo, a Xunta pídelle apoio ao Goberno para poder situar unha comisaría no Monte do Gozo. Unha oficina que lles daría servizo aos peregrinos durante o ano santo. O vicepresidente Alfonso Rueda reclámalle a Interior que complete o cadro de persoal da Policía Autonómica.

A idea é crear patrullas específicas para o Camiño: "Que dea servizo e seguridade aos milleiros de persoas que aquí se van achegar, sobre todo durante os meses centrais do Xacobeo. Eu creo que esa comisaria, para a que hai locais que cedería a Xunta de Galicia, é fundamental", asegurou Rueda.

 

Noticias web

30/11/2020